Nenos de 6 años a 12 anos
Taller de Ioga Infantil
Hoxe en día moit@s nenos e nenas están expost@s a múltiples estímulos e circunstancias que @s manteñen nun constante ambiente de estrés e competitividade.
Neste taller pretendemos ofrecerlles un espazo de calma e respecto onde poder escoitarse, coñecerse e relaxarse. A través do ioga nenos e nenas poderán desenvolver o seu corpo, a súa mente e as súas emocións partindo sempre dende o disfrute e a diversión, principais ferramentas para o aprendizaxe significativo.
Os beneficios que aporta a práctica do ioga aos nenos e nenas nestas idades son múltiples e afectan ás esferas física, mental e emocional, sendo algúns deles:
– Aporta maior conciencia corporal, flexibilidade, elasticidade e axilidade.
– Fortalece a musculatura e tonifica o corpo.
– Aumenta a coordinación, a conciencia espacial e a o sentido do ritmo
– Calma a mente e favorece a concentración e a relaxación
– Fomenta a autoconfianza, o respecto personal e a autoestima.
– Potencia as capacidades individuais, a creatividade, a curiosidade…
– Potencia a súa intelixencia emocional, axudándolle a recoñecer, liberar e regular as súas emocións
– Favorece a convivencia grupal, o respecto polas demais persoas e a empatía
As sesións desenvolveranse utilizando unha metodoloxía moi variada con cancións; asanas; música e movemento; xogos grupais; contos con valores; artes plásticas; visualizacións; exercicios de respiración e relaxación e unha gran dose de imaxinación, respecto e amor!!
Aportación: 10€
Facilita: Naiara