Ritmo, Danza y Movimiento Consciente

Posted by Pancho Vilela | septiembre 27, 2018 | noticias

O PULSO DA VIDA

Este é un espazo onde poderás atopar o teu ritmo interno e conectar contigo a través das maravillosas ferramentas que son o movemento, a danza, a música, o ritmo e a percusión. Trátase de buscar ese ritmo natural que hai no teu interior, dende o cal poderás expresar todo o teu potencial utilizando o teu corpo, os instrumentos e a voz.

É unha viaxe de autocoñecemento, unha viaxe que te permitirá desnudarte e descubrirte tal e como es, rachando coas máscaras, cos patróns aprendidos, coas limitacións e as barreiras impostas pola nosa mente, pola educación recibida ou pola sociedade.

Unha experiencia que nos invita a escoitar e sentir o noso corpo e as nosas emocións, a rir e disfrutar deixando a un lado as tensións do día a día. Todo isto permitiranos chegar a estados incribles de benestar, relaxación e vitalidade.

A continuación explicamos un pouquiño máis de cada unha das partes do taller:

Danza e movemento consciente (1º e 3º mércores de mes)

Talleres onde se une a danza, o movemento consciente, a meditación e a expresión da afectividade. Todo isto vai acompañado da música para axudarnos a conectar con oso interior.

Será un tempo para nós, para o contacto e a escoita do corpo, para o movemento libre, o ritmo e a expresión. Trátase de sentir a música e deixar fluír o movemento, de desconectar da mente e as preocupaciós e reconectar coas emocións, co pracer e co disfrute. Trataranse diferentes temáticas en cada sesión, incluídas nestes bloques:

  • Conexión co noso corpo: a escoita e a conexión co corpo será unha constante en todas as sesión. A través da introspección, dos exercicios de movemento, das meditacións e axudadas polo poder da música traballaremos a consciencia corporal.
  • Conexión coas nosas emocións: Que relación teño coas miñas emocións? permítome sentirme? identifícome con elas? Conectar coas nosas emocións desde o papel de observador@s, aceptalas, expresalas e permitilas ir é un proceso imprescindible para poder conectar coa nosa verdadeira esencia. Espremeremos a nosa creatividade para poder expresar esas emocións e conectar coa nosa forza vital.
  • O son do meu corazón: a través do movemento, a música e o encontro coa pel do/a outro/a permitirémonos sentir as nosas potencialidades, descubrirnos e mostrarnos, vernos no espello da aceptación, na mirada amorosa e calificadora. Porque este recoñecemento de nós mesmos/as e d@s demais conectaranos coa nosa grandeza, podendo danzar así ao son do noso corazón.

Ritmoconsciente (2º e 4º mércores de mes):

Sesión baseadas na recuperación das ferramentas propias do Ser Humano (respiración, voz e ritmo) para atopar o noso propio ritmo interno e non deixar influirnos polo externo.

Se estructuran en 4 piares:

  • O efecto do ritmo no corpo: prepararnos  a nivel muscular mediante sinxelos exercicios de estiramento, masaxe percutido, estimulación de meridianos…
  • O traballo cos dous hemisferios cerebrais: faremos do noso corpo un instrumento musical e a través da percusión corporal activaremos a creatividade e ritmo.
  • Voz e respiración: exercicios que nos invitaran a descubrir novos conceptos da nosa voz e como sacarlle o máximo partido para o noso Benestar.
  • Movemento e traballo con tambores: participaremos en sesións de meditación dinámica en movemento nas que poderemos sentir a propia enerxía e a do grupo e viaxar ao noso interior.

Para integrar todo isto utilizaremos as masaxes musicais, que nos levarán moi profundo permitíndonos reposar a experiencia vivida.

 

 

Actividade dirixida a maiores de 16 anos. Non é necesario ningún tipo de experiencia previa nestas disciplinas para participar.

Cada mércores ás 21:00

1º e 3º mércores de mes -> Danza e Movemento Consciente Con Naira González

2º e 4º mércoles de mes -> Ritmo e Percusión con Ooruk Shambo

Aportación mensual: 50€ (45€ para clientes de Inspira)

Sesión suelta: 15€

¡ Graciñas !

Blog Comments

Hola – Quería saber cuándo son las clases de Bio danza ya que no las localizo en el horario. Gracias!

Buenas Laura, te respondemos por correo. Un saludo y gracias

Add a comment

*Please complete all fields correctly