Iogando coas emocións

Posted by Pancho Vilela | marzo 3, 2017 | noticias, Taller

Luns 20 de Marzo, 17.30 a 18.30 h.

Iogando coas emocións
INSPIRA VIDACONSCIENTE
(Av. Finisterre 125, Bajo) A Coruña

Nenos de 6 años a 12 anos

Taller de Ioga Infantil

Hoxe en día moit@s nenos e nenas están expost@s a múltiples estímulos e circunstancias que @s manteñen nun constante ambiente de estrés e competitividade.

Neste taller pretendemos ofrecerlles un espazo de calma e respecto onde poder escoitarse, coñecerse e relaxarse. A través do ioga nenos e nenas poderán desenvolver o seu corpo, a súa mente e as súas emocións partindo sempre dende o disfrute e a diversión, principais ferramentas para o aprendizaxe significativo.

Os beneficios que aporta a práctica do ioga aos nenos e nenas nestas idades son múltiples e afectan ás esferas física, mental e emocional, sendo algúns deles:

–       Aporta maior conciencia corporal, flexibilidade, elasticidade e axilidade.

–       Fortalece a musculatura e  tonifica o corpo.

–       Aumenta a coordinación, a conciencia espacial e a o sentido do ritmo

–       Calma a mente e favorece a concentración e a relaxación

–       Fomenta a autoconfianza, o respecto personal e a autoestima.

–       Potencia as capacidades individuais, a creatividade, a curiosidade…

–       Potencia a súa intelixencia emocional, axudándolle a recoñecer, liberar e regular as súas emocións

–       Favorece a convivencia grupal, o respecto polas demais persoas e a empatía

As sesións desenvolveranse utilizando unha metodoloxía moi variada con cancións; asanas; música e movemento; xogos grupais; contos con valores; artes plásticas; visualizacións; exercicios de respiración e relaxación e unha gran dose de imaxinación, respecto e amor!!

Aportación: 10€
Facilita: Naiara

Talleres relacionados:

Add a comment

*Please complete all fields correctly