Campamento de Verano

Posted by Pancho Vilela | mayo 9, 2019 | noticias

CAMPAMENTO DE VERÁN “CONEXIÓN NATURA”

Cinco días de convivencia en grupo, creando unha tribu coa que descubrir experiencias novas, coa que vivir momentos inolvidables, de disfrute e desconexión nun entorno de Natureza.
Conexión Natura é un espazo para as e os adolescentes e xóvenes de entre 12 e 24 anos que teñen inquedanza por coñecer xente nova, por coñecerse a si mesmxs, por descubrir as súas potencialidades, por disfrutar dun ocio constructivo e/ou por cambiar a súa realidade. Tamén para aqueles/as que gozan do contacto coa Natureza; quen conectan coa música, a danza e o movemento; quen lles gusta o ioga ou a meditación, para aqueles/as que queren probar novas experiencias ou para ti que sentes curiosidade por todo isto que estás lendo.
Conexión Natura é un encontro cooperativo, no que a forza e a conexión co grupo nos axudará a expresarnos, a estar en contacto co que sentimos e a explorar outras formas de relacionarnos.
Para isto propoñemos actividades diferentes, que nos permitan gozar e divertirnos en grupo á vez que nos aportan autocoñecemento, crecemento persoal, maior conexión co corpo, expandir a nosa creatividade, etc.

Algúns exemplos destas actividades son:
– Rutas e actividades conscientes na Natureza: saídas polo entorno, xogos de orientación…
– Ioga inspirado en Bowspring: esta disciplina axudaranos a manter activo o noso corpo á vez que conectamos coas nosas emocións e observamos os nosos pensamentos.
– Biodanza: a través da música, o movemento e o encontro coas demais coñeceremos mellor o noso corpo, ampliaremos a nosa capacidade de comunicación e facilitaremos o vínculo grupal.
– Talleres de música e percusión: talleres nos que conectaremos co noso ritmo e co das demais persoas, expresaremos a través dos instrumentos, deixaremos saír as nosas voces, improvisaremos…toda unha meditación que nos permitirá sacar a nosa creatividade, desconectar das preocupacións e disfrutar.
– Veladas, concertos e noites de improvisación artística: trátase de espazos nos que cadaquén poderá mostrar as súas habilidades artísticas, nas que compartiremos coñecementos, experiencias e vivencias, nas que descubriremos a nosa creatividade e formaremos tribu.
– Talleres de sexualidade consciente: abriremos a nosa mente para descubrir novas perspectivas sobre a sexualidade que sexan respectuosas, equilibradas, diversas e conscientes. Observaremos a nosa propia enerxía sexual, descubriremos a importancia da mirada, o tacto sutil, a afectividade…
– Talleres de educación emocional: a través de dinámicas grupais e das artes
plásticas conectaremos coas nosas emocións e aprenderemos novas formas de
relacionarnos con elas e coas demais persoas.
– Talleres de alimentación consciente: descubriremos novas formas de
nutrirnos, máis acordes coa nosa saúde.
– Meditación, relaxación e atención plena: estas técnicas permitirannos
estar máis presentes e gozar moito máis da experiencia.
– Asembleas: todos os días realizaremos unha asemblea para organizarnos e
poder compartir aquelas cuestións que vaian xurdindo na convivencia ou que
sexan produto do noso autodescubrimento.
– Tempo libre: para facer o que desexes, para gozar dunha conversa, para estar
so/a, para pasear, para bañarte no río ou tombarte nunha hamaca a
descansar.

Todo isto irá enmarcado nun espazo de convivencia baseado no BoTrato, no respecto
ás nosas individualidades e tamén na cooperación.

Cada participante contará cun/a acompañante de referencia para as cuestións que
precise comentar durante a súa estancia.

DATAS E LUGARES

  • Do 25 xuño ao 30 de xuño: para xóvenes de 18 a 24 anos
    Na Comunidade de Ioga Satchitananda , en Santa Baia de Anfeoz, Ourense
    (entrada o 25 ás 11:00 e saída o 30 ás 12:00)
  • Do 30 de xuño ao 5 de xullo: para adolescentes de 12 a 17 anos
    Na Casa da Terra, en Antas de Ulla
    (entrada o 30 ás 20:00 e saída o 5 ás 17:00)

PREZOS:
Inscricións antes do 15 de maio: 350 euros
Inscricións despois do 15 de maio: 390 euros
Desconto do 10% por irmáns ou irmás
O prezo inclúe: aloxamento en pensión completa en habitación compartida; seguro
de R.C, seguro de accidentes, materiais de todas as actividades.

INSCRICIÓNS e INFORMACIÓN:

Teléfono: 659.553.938
Podes inscribirte a través do correo electrónico naiaragonzalezf@gmail.com

Para facer efectiva a reserva de praza deberás ingresar o 50% do total no momento da inscrición. O outro 50% aboarase o primeiro día do campamento.

Prazas limitadas

FACILITADORES/AS

Naiara González (coordinadora)

  •  Educadora Social e Psicopedagoga
  •  Terapeuta Familiar
  • Mestra de Ioga Infantil pola escola Om Shree Om e Om Shanti
  • Instructora de Ioga Integral pola Escola Om Shanti
  • Formación en Biodanza, Educación Emocional, Intelixencias Múltiples…
  • Máis de 12 anos de experiencia en traballo en centros educativos e tempo libre con infancia, adolescencia e familias.

 

 

Ooruk Sambho

  • Terapeuta vibracional (medicina natural, quiromasaje…)
  • Músico e artesaán
  • Creador de Ritmo Consciente
  • Creador de Artessannia
  • Formación en ioga inspirado en Bowspring
  • Ampla experiencia en talleres de Ritmo Consciente e construcción de instrumentos; círculos de tambores, concertos interactivos…

 

 

 

Pancho Vilela

  • Profesor de Ioga Integral pola Escola Mahashakti
  • Profesor de Ioga Infantil pola escola Om Shree Om e Om Shanti
  • Profesor de Ioga inspirado en Bowspring pola Escola Om Shree Om
  • Director do centro Inspira Vida Consciente
  • Ampla experiencia en grupos de ioga e meditación con persoas adultas, nenos/as, adolescencia e familias

 

 

 

 

COLABORACIÓNS

Eva Varela Freire

  • Fisioterapeuta
  • Máster en Mediciña Natural
  • Profesora de Ioga Integral pola escola Mahashakti
  • Profesor de Ioga Infantil pola escola Om Shree Om e Om Shanti
  • Docente en formacion profesional sanitaria

Add a comment

*Please complete all fields correctly